domingo, 6 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE9

ACTIVIDADE9.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE9.
Os conceptos están definidos nas páxinas 49 e 50 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:

(0.75 puntos) Módems (ADSL,cable e USB). Busca unha imaxe de cada un na rede.
(0.75 puntos) Router. Busca unha imaxe na rede.
(0.5 puntos) Dispositivo PLC. Busca unha imaxe na rede.
(1 punto) Cableado de rede. Busca imaxes na rede onde aparezan os conectores RJ45 e ST e cables de par trenzado apantallado e fibra óptica. Nestes últimos deben estar indicadas as suas partes.




Módem:
Os módems son dispositivos que permiten enviar ou recibir información a través dunha liña de analóxica ou dixital. A palabra <<módem>> provén dos termos MOdular-DEmodular e a súa misión consiste en converter o sinal dixital do ordenador en analóxica e viceversa.
En función da tecnoloxía utilizada para transmitir a información distínguense varios tipos:
 Módem ADSL. Utiliza o fío de cobre dunha liña telefónica para a transmisión de datos de alta velocidade. Esta tecnoloxía denomínase asimétrica debido a que a capacidade de descarga (dende a rede ata o usuario) e a capacidade de subida de datos (en sentido inverso) non coinciden. A tecnoloxía que se emprega, ADSL2, ADSL+2 ou VDSL, proporciona gran ancho de banda que permite integrar na mesma liña de voz, datos, vídeo e televisión de alta calidade, polo que é unha das máis empregadas. 
 Cable módem. Deseñado para modular o sinal de datos sobre unha infraestrutura de conexión por cable. Emprégase xeralmente para acceder a servizos de televisión por cable que, adicionalmente, proporcionan acceso a Internet de banda ancha. 
 Módem USB. Utiliza a banda ancha móbil para obter Internet en calquera lugar e momento, sempre que se dispoña de cobertura. Ofrece diferentes velocidades en función do tipo de conexión, GPRS, 3G ou 4G. Os teléfonos intelixentes pódense configurar como módem có que conectar outros dispositivos de forma inalámbrica.


Router:
Un router é un dispositivo que permite interconectar diferentes redes informáticas, seleccionando a ruta de comunicación máis adecuada para o envío de datos. A maioría de routers tamén inclúen un módem coa tecnoloxía adecuada para a conexión.



Dispositivo PLC:
A tecnoloxía PLC (Poxer Line Communications) emprega a liña eléctrica convencional para a transmisión de datos. Os dispositivos PLC teñen unha función similar á de un módem, aínda que neste caso empregan a rede eléctrica para a transmisión de datos. O seu uso permite, entre outras cousas, o acceso a Internet mediante a banda ancha, a transmisión de vídeo de alta definición e o uso de telefonía IP.



Cableado de rede:
 Cableado coaxial. Está formado por un fío condutor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha maia de cobre. É similar á que se emprega para a antena de televisión, aínda que actualmente está en desuso.
 Cableado de par trenzado. Está constituído por catro pares de fíos. Cada par está entrelazado para disminuir a  interferencia eléctrica e evitar que se acople o sinal entre os pares. Dentro deste cableado distínguense os seguintes tipos: 
 UTP. É un cable non apantallado. É de baixo coste pero sensíbel a interferencia, polo que produce máis erros que outros cables.
 STP. É un cable apantallado, é dicir, ten unha maia metálica arredor do cable que o protexe das interferencias electromagnéticas.
 FTP. É un cable apantallado con blindaxe global que posúe unha pantalla condutora en forma trenzada. Mellora a protección fronte ás interferencias con respecto aos anteriores. 
Existen diversas categorías de cables, dependendo da súa velocidade de transmisión. As que están en uso son: categoría 5 (100 Mbps), categoría 6 (1Gbps), categoría 7 (10Gbps) e categoría 8, que está en fase de desenrolo. O cableado de par trenzado emprega conectores RJ-45.
 Cable de fibra óptica. É unha fibra moi fina de material plástico, pola que se envía un haz de luz. Estos cables constan dun grupo de fibras ópticas protexidas con fiaduras de aramida para facelos resistentes á tracción, ademais de estar protexidos por varios revestimentos. Os conectores máis empregados na fibra óptica para redes de área local son ST, LC, FC e SC.



















jueves, 3 de diciembre de 2015

ACTIVIDADE7

ACTIVIDADE7.PDF
Crea unha nova entrada (ou publicación)no teu blog co nome ACTIVIDADE7.
Os conceptos están definidos nas páxinas 44 e 45 do libro (non é necesario buscar información adicional) e son os seguintes:
  • Disco duro. Busca imaxe ou imaxes na rede onde apareza a estrutura dun disco magnético de xeito similar á  figura 27 da páxina 44 do libro.
  • Memorias Flash. Busca 2 imaxes na rede (USB e tarxeta de memoria). 
  • Unidade de estado Sólido. Busca unha imaxe na rede. 



Disco duro:
Un disco duro é un dispositivo magnético empregado para almacenar gran cantidade de información. Componse de varios pratos, apilados nun mesmo eixe que xira a gran velocidade dentro dunha caixa metálica selada. Entre os pratos están situadas as cabezas de lectura-escritura que len nas dúas caras de cada disco.
Dependendo da tecnoloxía empregada para a transferencia de datos, os discos duros poder ser de varios tipos: IDE, SCSI, SATA, SAS, etc. O seu tamaño aumentou vertixinosamente, pasando do primeiro disco duro de 5MB, que pesaba unha tonelada, aos discos actuais de varios TB cun tamaño algo maior que un teléfono móbil.

Estrutura dun disco magnético:
Nun disco magnético diferéncianse:
- Caras: superficies superior e inferior de cada disco.
- Pistas: círculos concéntricos en que se divide cada cara do disco.
- Sectores: divisións que se fan en cada pista.
- Cilindros: conxunto de pistas que están aliñadas verticalmente en todas as caras. Este concepto emprégase nos discos duros, posto que neles hai varios pratos con pistas en ambas caras.

   



Memoria Flash:
A memoria flash é un sistema de almacenamento estático que non precisa corrente para manter gardados os datos. Funciona mediante impulsos eléctricos e alcanza velocidades de funcionamento moi superiores a outros dispositivos, porque permite ler e escribir datos de forma simultánea.
Converteuse nun soporte de uso habitual para almacenar e transportar información xa que, entre as súas características destacan a súa grande capacidade, as súas pequenas dimensións, o seu prezo accesible, a súa grande resistencia, a posibilidade de usala en dispositivos de diferente tipo e a súa facilidade de uso. Iso si, a vida dunha memoria flash non é indefinida: cífranse entre cen mil e un millón as veces que se pode gravar información dela.
Os tipos de memorias flash máis empregadas son:
Memorias USB. Pequenos dispositivos cun chip de memoria flash. Conéctanse ao ordenador a través dun porto USB en quente, é dicir, aínda que estea encendido. Xeralmente, non hai que instalar ningún software nin driver para utilizalas, xa que o sistema operativo reconóceas automaticamente.


 


Tarxetas de memoria. Son soportes de almacenamento empregados habitualmente en cámaras dixitais e móbiles, polo que se soen conectar ao ordenador a través dun lector de tarxetas de memoria para transferir a súa información. Existen multitude de tipos e formatos, en función do fabricante; algúns dos máis comúns son SD, MiniSD, MicroSD, NanoSD, Compact Flash, Memory Stick, xD, MMC, etc.
 


Unidade de estado sólido:
Unha unidade de estado sólido ou SSD (Solid State Drive) é un dispositivo de almacenamento secundario de gran capacidade e alta velocidade. Ten o mesmo uso que os discos duros, pero non está formado por discos mecánicos, senón por memorias de circuítos integrados para almacenar a información, empregando tecnoloxías como a memoria flash, memoria SDRAM, etc. Ao non ter pezas móbiles, a unidade de estado sólido reduce drasticamente o tempo de búsqueda e latencia, polo que converteuse nunha alternativa moito máis rápida cós discos duros.
As SSD fan uso da mesma interface que os discos duros e, polo tanto, son facilmente intercambiables sen ter que recorrer a adaptadores ou tarxetas de expansión para compatibilizalas co equipo.
Ao ser inmunes ás vibracións externas, son especialmente aptas para vehículos, ordenadores portátiles e outros dispositivos móbiles.